O CPAE 2.0 ensina ó comercio estradense a usar as novas tecnoloxías - Actualidade
Actualidade
O CPAE 2.0 ensina ó comercio estradense a usar as novas tecnoloxías
Data: mércores, 06 de agosto de 2014
O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acolleu onte unha charla dirixida a comerciantes locais para coñecer o novo servizo que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para as pequenas empresas. O obxectivo era dar a coñecer o seu plan de asesoramento empresarial presencial e personalizado en relación ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) desenvolvido a través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE).
A charla, impartida por Amador Loureiro, abordou cuestións relativas á venda en liña, tamén coñecida como comercio electrónico. Así, os asistentes comprobaron como funciona a seguridade das operacións a través da banca en liña, cales son as vantaxes de traballar con comercio electrónico, como aplicar as novas tecnoloxías ó negocio ou como emitir facturas electrónicas.
A iniciativa pretende promover este servizo de asesoramento dirixido a empresas pequenas, especialmente a aquelas que posúen menos de cinco traballadores contratados, coa finalidade de que poidan potenciar o desenvolvemento económico á vez que aumentan a súa competitividade e produtividade.
Ademais, os comerciantes estradenses que acudiron onte ó MOME ampliaron os seus coñecementos sobre a liña de axudas e de subvencións que a institución provincial ten ó dispor deste tipo de empresas.
Plataforma práctica
Este servizo de asesoramento, que se ofrece de forma totalmente gratuíta, compleméntase coa posta en marcha dun novo proxecto: a creción por parte da Deputación dunha plataforma de comercio electrónico a través do CPAE 2.0 para todas as empresas que reúnan os requisitos esixidos e estean interesadas en coñecer máis a fondo a venda a través da rede. Deste xeito o CPAE 2.0 destina un equipo de xestión para orientar este tipo de comerciantes que quere adaptarse ós novos tempos e aprender de maneira práctica a vender os seus produtos a través da rede.
Fonte: http://www.farodevigo.es
Rexistro
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información