Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. 
Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social.

Índice de contidos
• Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características
• Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite
• Funcionalidades
• Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube.

Índice de contidos
• Que é la fotografía de interiores?
• Tipos de cámaras. Pódese fotografar desde o móbil?
• Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging?
• Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo.
• Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano”
• Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara.
• Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos.

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."