Eventos

Buscador

    a
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición

Índice de contidos

- Coñecer as recomendacións xerais para mellorar as fotos. 
- Requisitos de calidade estética e técnica das imaxes que esixen Amazon, Ebay, Googleshopping e Etsy.
- Introducirnos no editor de fotografía Pixlr, para coñecer como:
- Limpar manchas ou impurezas do produto
- Suprimir ou borrar elementos da imaxe
- Modificar contraste e brillo 
- Intensificar as cores 
- Seleccionar fondo
- Branquear o fondo
- Redimensionar a imaxe
- Gardar

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña.
No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social.

Índice de contidos

• Introdución
• Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook
• Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook”
• CoolTabs
• EasyPromos
• Trisocial
• Tuapli

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.