Eventos

Buscador

    a
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.

Índice de contidos

- A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
- Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
- Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
- Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
- Práctica

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos.
O taller está concibido para nivel inicial e intermedio.

Contidos:

- As importancia da xestión das operacións
- Uso de persoais en follas de cálculo
- Deconstrución do noso exemplo
- Análise dos resultados
- Plataformas de follas de cálculo alternativas

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Neste obradoiro mostrase a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución.

Índice de contidos

• Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España
• Tipos de plataformas de venda en liña
• Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce