Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Índice de contidos

- Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
- Termos máis usados no deseño gráfico
- Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
- Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
- Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
- Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
- Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
- Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
- Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Este obradoiro ten como obxectivo presentar as funcionalidades e principais características de diferentes plataformas online para crear e xestionar e-commerce.

Índice de contidos

• E-commerce: creación e xestión online
• Shopify
• Oleoshop
• Comandia Shop
• Tendas creadas con estas plataformas
• Plataformas E-commerce online. Outros exemplos
• E-commerce. Información adicional

O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.