Eventos

Buscador

    a
27/07/2017 19:00
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos en xeral, explicarase de xeito práctico como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Estes anuncios son vitais e forman parte da estratexia de mercadotecnia do seu negocio. Farase fincapé en cales deberían ser as estratexias das empresas das persoas asistentes. Recoméndase ter xa conta en Facebook para realizar as prácticas.

Índice de contidos

-  Que é Facebook Ads?
-  Cales son as súas principais vantaxes?
-  Tipos de anuncios en Facebook
-  Estrutura das campañas de Facebook Ads
-  Vantaxes que ofrece o Power Editor
-  Como crear unha campaña co Power Editor
-  Como creo un conxunto de anuncios co Power Editor
-  Como configurar a mensaxe publicitaria segundo o tipo de anuncio
-  Público: o poder dunha boa segmentación
-  Optimización e prezos

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Aprender a sacarlle partido á cámara do teu teléfono intelixente a través de aplicacións cunha interface moi sinxela baseadas en Android ou en iOS, de maneira que poidas mellorar as túas fotos antes e despois da captura para posteriormente compartilas nas túas redes sociais, coa finalidade de facer actualizacións máis frecuentes, manter o interese do usuariado que te segue y, o máis importante, aforrar tempo, recursos e esforzo.

Índice de contidos

•   Utilizar o teléfono como cámara fotográfica
•   Accesorios
•   Cales son as aplicacións de realización e edición de fotos mellor valoradas polos internautas?
•   Coñezamos a interface de las aplicacións
•   Práctica
•   Resolución de dúbidas ou inquietudes

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos en xeral, explicarase de xeito práctico como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Estes anuncios son vitais e forman parte da estratexia de mercadotecnia do seu negocio. Farase fincapé en cales deberían ser as estratexias das empresas das persoas asistentes. Recoméndase ter xa conta en Facebook para realizar as prácticas.

Índice de contidos

•  Que é Facebook Ads?
•  Cales son as súas principais vantaxes?
•  Tipos de anuncios en Facebook
•  Estrutura das campañas de Facebook Ads
•  Vantaxes que ofrece o Power Editor
•  Como crear unha campaña co Power Editor
•  Como creo un conxunto de anuncios co Power Editor
•  Como configurar a mensaxe publicitaria segundo o tipo de anuncio
•  Público: o poder dunha boa segmentación
•  Optimización e prezos

O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.