Lalín - Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas

Data Inicio:  19/10/2017 11:00    
Data Fin:  19/10/2017 21:00 Duración:  10:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña.
No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social.

Índice de contidos
• Introdución
• Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook
• Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook”
• CoolTabs
• EasyPromos
• Trisocial
• Tuapli

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse