Ponteareas - Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais

Data Inicio:  17/10/2017 19:00    
Data Fin:  17/10/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.

Índice de contidos

•    A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
•    Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
•    Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
•    Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
•    Práctica

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse