Ponteareas - Comercializa os teus servizos a través das redes sociais

Data Inicio:  25/05/2017 19:00    
Data Fin:  25/05/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Publicidade, marketing on line e redes sociais
 
Tipo de Solución:  Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)
 
   
 
"Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. 

Índice de contidos
• Factores para mellorar a túa presenza en internet 
• Introdución en redes sociais 
• SMP-Social Media Plan en redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais 
• Recomendacións de actuación
• Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse