Vigo - Fotografía de vehículos para a súa venda onlin

Data Inicio:  29/05/2017 19:00    
Data Fin:  29/05/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
Tipo de Solución:  Producción de Contidos (Digital/3D)
 
   
 
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para  eliminar brillos. 
Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga  unha vez publicada.

Índice de contidos
Preparar o vehículo para a sesión fotográfica.
Coñecementos básicos de fotografía para móbil e cámara profesional.
A localización Que fondo usar para que o coche destaque?
O foto reportaxe Cantas fotografías facer e que planos utilizar para describir un vehículo?
Os mellores momentos do día e por que.
Que é o raw e por que é necesario.
Retoque dixital 1  Horquillado e HDR para mellorar a exposición
Preparación da foto para subila a internet.
Práctica.

O taller será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais no sector da moda e no fotoperiodismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse