Pontevedra - Como facturar electronicamente para as empresas e administracións públicas

Data Inicio:  29/05/2017 18:00    
Data Fin:  29/05/2017 20:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Facturación electrónica
 
Tipo de Solución:  Xestión Financieira
 
   
 
"Este obradoiro ten como obxectivo demostrar que a factura electrónica é una solución máis económica e eficaz que a factura convencional, xa que pehrmite reducir custos (papel, medios de comunicación, etc.) e o tempo de xestión administrativa de calquera autónomo ou empresario. Coa facturación electrónica conséguese unha maior calidade de servizo que estes ofrecen, cuestión clave que repercutirá ó mesmo tempo nunha maior competitividade das empresas de Pontevedra.

Índice de contidos
• Que é a factura electrónica?
• É obrigatorio facturar electronicamente?
• Vantaxes que ofrece a facturación electrónica
• Condicións que se deben cumprir
• O proceso de facturación electrónica
• Como podo facelo?
• Software de xestión empresarial ERP (Enterprise Resource Planning)
• Software Facturae – Facturación Electrónica 3.1
• Sedes electrónicas para a presentación de facturas electrónicas ás administracións públicas
• FACe
• Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse