Pontevedra - Participación en Pont-Up Store

Data Inicio:  21/09/2017 18:30    
Data Fin:  21/09/2017 21:00 Duración:  2:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con motivo da participación de SmartPeme en Pont-Up Store realizarase no centro de Pontevedra unha xornada na que se presentarán as distintas inciativas de emprendemento e impartirase un taller formativo.

18.30 - 19.00: Presentación das iniciativas da Deputación en materia de emprendemento.

19.00 - 21.00: Imos chamar á porta dos teus clientes: Posicionamento SEO

Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento na internet a través de técnicas gratuítas.

Contidos:

• Internet
• Dominios,aloxamento...
• Para que podo utilizar un dominio
• .com vs .es e outras extensións
• Presenza na internet
• Beneficios
• Como o logramos?
• Técnicas de SEO
• Posicionamento interno
• Posicionamento externo
• Penalización en motores de procura

O taller será impartido por Rafael Yáñez, técnico de sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC a empresas.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse