Eventos
Eventos
Buscador
20/03/2024 11:00
Neste obradoiro coñece as diferentes axudas e subvencións abertas e programadas en Galicia. Existen solucións para empresas de calquera tamaño, industria ou sector das que poderías beneficiarte. Anticípate e prepárate para poder solicitalas con maior garantía de éxito. Índice de contidos: • Axudas para poñer en marcha o teu negocio • Axudas para a consolidación e impulso • Axudas para a dixitalización e modernización da túa empresa • Outras Axudas. O obradoiro será impartido por María Agustina Pereira, estudou ciclo superior en Administración e finanzas e actualmente é xerente da empresa SI SUBVENCIONES. Nos últimos anos traballou como técnica de proxectos asesorando e tramitando axudas e subvencións a empresas e emprendedores.
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo. “Ferramentas de imaxe con IA – Stable Diffusion, Dall-E 3, outros modelos.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que utilizan modelos de IA xerativa de imaxe como Stable Diffusion, Dall-E 3, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos. Índice de contidos: - Que son os modelos de IA xerativa de imaxe? - Como interactuar con modelos de IA xerativa de imaxe - Stable Diffusion Web - Dall-E 3 con Bing - Outros modelos - Exemplos, Inpainting, Outpainting O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
25/03/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, dispositivos móbiles”, o obxectivo deste obradoiro é o de ver a importancia de protexer os dispositivos móbiles, cada vez somos máis dixitais e a tendencia é que os dispositivos móbiles están a desprazar aos PC na xestión cotiá no noso negocio, por tanto cobra unha especial relevancia o protexelos da mellor maneira posible. Índice de contido: -Consideracións sobre PC e dispositivos móbiles -Como protexer os dispositivos móbiles O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
27/03/2024 12:00
“Reciclando Plástico con Aventura Plástica” é un obradoiro divulgativo co obxectivo de concienciar sobre a problemática do plástico, para iso contamos con Alba e Fabián que son o alma mater de Aventura Plástica, proxecto que levan impartindo dende 2018 nunha forma divertida e práctica de reducir e transformar os residuos plásticos no medio ambiente, así como de concienciar sobre o problema do plástico, un problema global que nos afecta a todos. O obradoiro celebrarase no local de Aventura Plástica en Gondomar e ensinaranos de forma práctica os diferentes procesos para poder reciclar plástico.
¿Esqueciches o contrasinal?
Calendario eventos
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento