Eventos

Buscador

    a
"Neste obradoiro mostrase a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución.

Índice de contidos
• Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España
• Tipos de plataformas de venda en liña
• Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Índice de contidos
• Importancia dunha imaxe de marca en internet
• Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
• Introdución ás redes sociais.
• Técnicas especializadas para aumentar seguidores
• Imaxe e reputación en internet
• Ferramentas do día a día
• Publicidade en redes sociais

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce"