Eventos
Eventos
Buscador
24/05/2017 19:00
"Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes. Índice de contidos • Necesidades de autónomos e micropemes • Definicións • Ferramentas gratuítas • Caso practico O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
24/05/2017 19:00
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para móbil e cámara profesional. A localización Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe Cantas fotografías facer e que planos utilizar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw e por que é necesario. Retoque dixital 1 Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación da foto para subila a internet. Práctica. O taller será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais no sector da moda e no fotoperiodismo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Maio 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento