Eventos

Buscador

    a
"Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.

Índice de contidos
•     A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
•    Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
•    Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
•    Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
•    Práctica

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
"Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Índice de contidos
• A nube: concepto e analoxías
• Por que almacenar na nube?
• Vantaxes e desvantaxes
• Dropbox
• Vinculación de conta
• Google Drive
• OneDrive
• Box

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."