Eventos

Buscador

    a
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.

Índice de contidos
•     A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
•    Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
•    Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
•    Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
•    Práctica

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Como protexer o teu negocio dos ataques informáticos? 
Nesta charla informativa queremos facer un pequeno repaso das vulnerabilidades máis habituais coas que nos atopamos todos os días. Facendo especial fincapé no ransomeware Wannacry, deténdonos un pouco máis na súa análise e funcionamento. E concluiremos recomendando as posibles solucións a estes ataques. 

Contidos

-	Con que perigos, habituais, podemos atoparnos na internet?
-	Ransomeware, o novo Malware de moda: Reveton, CryptoLocker, CryptoLocker.F e TorrentLocker, CryptoWall, Mamba e WannaCry.
-	O caso Wannacry:
-	Sucesores de Wannacry:
-	Como protexernos?

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 
Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos
• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles