Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 

Índice de contidos

- Introdución: marca persoal
- Crea a túa sinatura profesional
- Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico
- Configura Gmail para respostas estándar
- Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados
- Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, especializado en sistemas informáticos.
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. 

Índice de contidos

• Factores para mellorar a túa presenza en internet 
• Introdución en redes sociais 
• SMP-Social Media Plan en redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais 
• Recomendacións de actuación
• Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.

Índice de contidos

• Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
• Fotografía básica
• Facer un estudio fotográfico de baixo custo
• Escoller o mellor fondo
• Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
• Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
• Resolución de dúbidas ou inquietudes

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.