Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos.

Índice de contidos

• Diferenciemos o que é a web e o que é internet
• A túa dirección web será a túa marca, escolle ben!
• Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos
• Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos
• E, finalmente, como darnos a coñecer na rede

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. 
Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento.

Índice de contidos

• A miña conta de correo de Gmail
• Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira
• Xestiono os meus emails de empresa
• Configuro as miñas firmas corporativas nos correos
• Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes
• Configuración de contas en IOS e Android

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.

Índice de contidos

• Trello
• Que é?
• Por que empregalo?
• Comezando con Trello
• Outros xestores de proxectos e tarefas
• TOGGL: Contador de tempo

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos

• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express

O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.

Realízase en colaboración con AJE  Pontevedra, impartíndose nas súas instalacións.
Neste obradoiro daremos ideas de como podes crear o teu propio estilo e coñecerás cales son os elementos dunha ficha de produto que máis contribúen a aumentar a porcentaxe de conversión.

Índice de contidos

• A ficha de produto: elementos que contribúen a incrementar a porcentaxe de conversión.
• Antes de facer as fotos aplica a espiga de peixe
• Técnicas de fotografía no sector Moda
• Probador virtual para o sector Fogar: colchóns
• Electrónica: fotos de fabricantes vs distribuidores
• Sector alimentación: o caso de Mercadona
• Diferenciarse a través do fondo
• Solucións aos problemas de escala
• Conclusións

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.