Eventos

Buscador

    a
O obxectivo deste obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea.

Índice de contidos

•   A clave esta en comunicar
•   É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas?
•   Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone?
•   Antes de disparar ha de saberse mirar.
•   A regra dos terzos
•   Que se precisa para gravar un vídeo?
•   Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos
•   Conclusións

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos

• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.