Eventos
Eventos
Buscador
14/03/2024 11:00
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo. “Ferramentas de texto con IA – Chat GPT, Gemini e Mixtral.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que usan modelos de IA xerativa de textos como Chat GPT, Gemini de Google e Mixtral de código aberto e execución en local, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos. Índice de contidos: - Que é Chat GPT e os modelos de IA xerativa de texto? - Como interactuar con modelos de IA xerativa de texto - Chat GPT - Gemini Pro - Mixtral, a opción de código aberto - Exemplos de uso O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
14/03/2024 17:00
O xoves 14 de marzo, ás 17:00 horas, celebrarase o networking de empresas turísticas. Este obradoiro terá lugar presencialmente na sala de xuntas, planta 0 do Pazo Provincial en Pontevedra. O evento constará de dúas partes: primeiro, desfrutaremos dunha charla informativa dirixida pola poñente María Agustina Pereira, xerente de SI SUBVENCIONES, quen compartirá información valiosa sobre as liñas de financiamento dispoñibles para o sector turístico. Despois, levarase a cabo unha sesión de networking na que todas as persoas asistentes terán a oportunidade de presentarse brevemente. O cupo é limitado a 25 participantes como máximo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento