Eventos

Buscador

    a
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.

Índice de contidos

• Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
• Fotografía básica
• Facer un estudio fotográfico de baixo custo
• Escoller o mellor fondo
• Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
• Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
• Resolución de dúbidas ou inquietudes

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Índice de contidos

• Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
• Termos máis usados no deseño gráfico
• Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
• Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
• Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
• Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
• Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
• Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
• Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando máis de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.
Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Índice de contidos

• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.