Eventos

Buscador

    a
"O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos
• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
"Este obradoiro ten como obxectivo amosar como crear e xestionar unha páxina profesional en Facebook desde cero. Dirixido a profesionais que non dispoñen de fan page e/ou que empregan un perfil persoal en vez dunha páxina de empresa.

Índice de contidos
• Que é Facebook? 
• Como facer un uso profesional de Facebook
• Perfil, grupos e páxinas de Facebook. Diferenzas e utilidades
• Crear unha páxina en Facebook
• Configuración e xestión da nosa páxina
• Crear público, crear publicacións, crear fitos e ofertas e crear eventos.
• Ferramentas de publicación e estatísticas

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
"Mostrar como as tecnoloxías RPA pódense aplicar no sector primario, en concreto nos sectores vitivinícola e forestal.

Índice de contidos
1º Sistemas RPA (DRONE) 
•  Que é un sistema RPA.
•  Breve recensión histórica do interese no uso de RPAS.
• O piloto RPA. 
•  O operador RPA ante AESA.
•  Tipos de RPA.
•  Tipos de sensores.
•  Lexislación vixente de aplicación.
• Lexislación prevista de futura aplicación e as súas consecuencias.

2º Aplicacións profesionais con sistemas RPA
• Que fai un RPA?
•  Principais aplicacións profesionais con RPAS. 

Enxeñeiro especialista en dixitalización métrica e análise vexetal."